jueves, 26 de junio de 2014

EPeV 4º ESO Bodegón de verduras - técnica pastel



















EPeV 4º ESO Bodegón de froitas - Carboncillo















A horta escolar



Coa chegada da primavera, e, en colaboración coas familias, o alumnado de infantil preparou unha horta cunha gran variedade de verduras e hortalizas; leitugas, espinacas, repolos, brócoli, porros, cebolas, amorodos e, ademais, algunha planta aromática.

Esta é unha forma máis de contribuir á formación da noción de alimentación sa, pois os produtos da nosa pequena horta están libres de compoñentes químicos e van directamente do horto á mesa.

Ao finalizar o curso escolar os produtos da horta foron repartidos entre todo o alumnado de educación infantil, que puideron levar ás súas casas aquilo que eles mesmos cultivaran.






Celebración dos aniversarios



Os aniversarios son espazos de celebración moi especiais para as nenas e os nenos. Na nosa cultura adoitamos festexalos con música e comida doce. Ese día as familias teñen a posibilidade de contribuír á celebración con algún tipo de alimento. As profesoras comunicamos ás familias que sería importante que nestas ocasións mantivésemos a idea de alimentación sa. E, en lugar de traer lambetadas ou produtos industriais que adoitan ser do gusto dos nenos e as nenas, trouxesen tortas, a ser posible de elaboración caseira ou de confeitaría. E interesante desligar a relación existente entre festexo e comida insá.

Degustación de alimentos en relación á estación do ano



Unha alimentación sa e equilibrada non é posible sen iniciarse no coñecemento dos produtos propios de cada estación. Así, ao longo do curso, nas diferentes aulas, fomos catando produtos propios do outono, inverno e primavera aproveitando o potencial educativo da merenda a media mañá. A este propósito contribuíu especialmente a distribución de froita na hora do recreo.

Entroido



Con motivo da celebración do entroido solicitamos a colaboración das familias do alumnado para elaborar, xunto cos seus fillos e fillas, alimentos caseros típicos destas festas; orellas, rosquillas, flores… deste xeito, por un lado, animamos ás familias a crear encontros de elaboración culinaria cos seus fillos e fillas, e por outro,  introducimos nas aulas un festexo propio da nosa cultura en torno á alimentación no entroido e, no momento da inxesta, creamos espazos marabillosos para o intercambio entre as familias, profesorado e alumnado.
É sabido que o bo alimento favorece o benestar, e o benestar nos leva a relacionarnos de forma relaxada e distendida cos outros.

Un Samain de medo



Aproveitando a celebración do samain, o ciclo de 2º de educación infantil decide organizar un banquete "fúnebre", pero divertido.

Parece axeitado utilizar a ocasión para realizar un taller de alimentación divertida. O obxectivo é que os nenos e as nenas manipulen diferentes alimentos, algúns próximos á súa experiencia e outros non tanto, co fin de coñecelos e saborealos de forma divertida. De este xeito realizamos: cabazas doces, patas de bruxa, pantasmas, vasoiras de bruxa, e, de sobremesa, saborosas arañas.

Tras o taller de realización das receitas distribuímolo todo dun xeito atractivo sobre as mesas e esperamos ansiosamente ao momento da degustación.
Con este obradoiro pretendemos que o alumnado de infantil en primeiro lugar, participe nun taller de elaboración de diferentes receitas e, acontinuación, que deguste as receitas preparadas en compañía dos seus amigos e amigas (poucas veces teñen a ocasión de ser cociñeiros dos alimentos que inxire, e selo, como sabemos, provoca unha gran satisfacción). Ademais moitos, polo simple feito de ser os cociñeiros, animáronse a probar alimentos que doutro xeito non o farían.

A realización de talleres de cociña, ademais de favorecer a creación de ámbitos de sociabilización en ambientes distendidos e agradables, contribúe a que o cociñeiro, neste caso o alumnado, se aproxime á cata de diferentes alimentos aínda que nun principio non respondan ás súas preferencias, nestes casos, os catadores se poden levar sorpresas agradables ao descubrir un novo sabor agradable ao seu padal. Ademais permite dar renda solta á imaxinación dos infantes e levarse á boca pernas de bruxa, arañas, pantasmas...